Atendendo a resultados xerais, o PSdeG recuperou nas municipais o terreo perdido en Galicia nas anteriores autonómicas. Os resultados xerais danlle ao PP un 44,69% dos votos, ao PSdeG 25,44% e ao BNG 19,16%. As enquisas déronlle demasiadas ás a un BNG que cría que ía gobernar en cinco cidades. Polo de pronto só podería facelo en Ferrol, Pontevedra e Vigo, e perde alcaldías tan importantes como as do Morrazo: Cangas, Bueu, Moaña... Pola contra, o PSOE volve arrasar na Coruña e faise contra prognóstico coa segunda praza en Lugo. O que queda no ar é que ao BNG fáltalle moito para chegar ao interior de Galicia, ao rural. Quédalle moito traballo por diante se quere ser segunda forza en cada pobo... En canto ao PP, nada hai que dicir, soamente que o seu poder vai a menos, sobre todo nas cidades.
.