Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Manu Chao, fillo de polaco

O prestixioso diario conservador The Times está feito por humanos, e iso nótase. Nótase na entrevista que lle fan a Manu Chao ao seu paso por Glasgow, no xeito de falar deste xa mito musical dos antiglobalización e, sobre todo, na precisión dos datos. Atención a este: "O seu pai, un xornalista, medrou na longamente disputada rexión de Galicia (agora é parte de Polonia e parte de Ucraína) antes de asentarse no suburbio parisino de Sèvres". Ou sexa, que Ramón Chao é polaco, vamos. Iso de que pertence ao poderosísimo lobby de vilalbeses érache mentira. Ramón debeu nacer en Galitzia (en inglés escríbese Galicia), unha zona que pertenceu a varios países segundo o ano que cadrara: Rutenia, Imperio Austríaco, Rusia, Polonia, entre Polonia e Ucraína (esta dentro da URSS)... Aínda que con maioría católica, Galitzia é un territorio importante para os xudeus 'ashkenazi', onde viviron durante séculos ata que Hitler os eliminou a case todos.

- 17:41 19/02/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: