O coruñés Andrés Díaz é o novo rei do medio fondo europeo trala marca conseguida en Atenas o pasado 24 de Febreiro. 3.33.32 foi o crono da proba de 1500 metros, na que o atleta gañou con comodidade a keniatas e europeos. Pola súa banda a ferrolá Rocío Rodríguez pulverizou o rexistro galego dos 1500 metros lisos.
O coruñés Andrés Díaz é o novo rei do medio fondo europeo trala marca conseguida en Atenas o pasado 24 de Febreiro. 3.33.32 foi o crono da proba de 1500 metros, na que o atleta gañou con comodidade a keniatas e europeos. Pola súa banda a ferrolá Rocío Rodríguez pulverizou o rexistro galego dos 1500 metros lisos. Os 4.14.32 danlle tamén o mellor rexistro nacional da categoría promesa e mellora a súa mellor marca ó aire libre. os dous serán a única representación galega nos mundiais, nos 1500 metros lisos masculinos e femininos.