Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

...e o proxecto de xornal en galego segue adiante

Falando de xornais en linguas minoritarias, non queremos esquecernos de que Edicións de Referencia segue a traballar no proxecto de creación dun diario en galego. Hoxe mesmo procedeuse a unha ampliación de capital, que se depositou no Rexistro Mercantil da Coruña, e as negociacións cun grupo español –do que non queren especificar o nome- seguen adiante. Tamén nos informan de que existe un preacordo co Instituto Galego da Información –ligado ao grupo Sargadelos- polo cal se formaría unha nova sociedade editora para levar a cabo o devandito xornal, que tería a súa sé no lugar onde agora está o IGI (San Marcos, nas aforas de Santiago) e onde estaba previsto sacar o xornal 'Galicia' que proxectara hai anos Isaac Díaz Pardo. No que a contidos se refire, o director da revista Tempos Novos, Luís Álvarez Pousa, é o encargado de coordinar unha “comisión de notables” do xornalismo galego para facer a definición xornalística do proxecto. A data de saída que se baralla é a primavera do 2002. Sobre a posibilidade de que os resultados do 21-O inflúan na viabilidade do proxecto, os responsables négano totalmente. “Se o PP volve a obter a maioría, o xornal sería máis importante aínda por darlle voz aos desexos de cambio social que hai na sociedade galega, malia que non se traduza nas urnas”, di Xosé Carlos Morell.

- 12:30 15/10/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: