Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A cadea NH inaugurou onte un hotel en Vigo

O Pte. da Xunta, Manuel Fraga, estivo onte en Vigo, para acudir ó acto inaugural do Hotel NH Palacio de Vigo. O acto contou tamén coa presencia do conselleiro delegado desta cadea internacional, Gabriele Burgio. Manuel Pérez, alcalde da cidade, e numerosos representantes do mundo da politica e da empresa asisitiron a esta recepción.

- 23:52 25/02/1999
Tags:

A presencia de Manuel Fraga para asistir a esta inauguración, tivo lugar a última hora da tarde e, as medidas de seguridade que acompañan ó Pte. da Xunta, maila presencia dunha manifestación dos traballadores de Telefónica, colapsaron o tráfico da cidade. Manuel Fraga, alabou este tipo de iniciativas de cara a celebración, de eventos como a Capitalidade Cultural de Santiago no ano 2000 e, o ano Xacobeo no que xa nos atopamos. Na inauguración do hotel NH, estiveron tamén presentes representantes das forzas vivas e mailo alcalde Manuel Pérez; este último tivo palabras de loubanza para este novo establecemento e, destacou que este tipo de iniciativas son a mellor garantía de futuro para o sector turístico da cidade. O alcalde, fixo referencia ó interese que sempre tivo o concello en captar para Vigo, un turismo de calidade e dunha hostelería de alto nivel. As características de establecementos como o inaugurado, subliñou Pérez van parellas coa cultura e maila gastronomía e para este tipo de turistas necesitanse unhas instalacións axeitadas. Para o alcalde, o novo hotel, supón un elemento de indúbidable atracción. O NH Palacio de Vigo, instalouse nunha parcela ocupada por una antigo edificio de vivendas de principios do século. O inmoble foi sometido a unha profunda remodelación e tan só mantivose do antigo edificio a fachada de granito e mailos motivos da época. O novo centro hosteleiro, ten un total de 108 habitacións, 5 salóns (Barrantes, Fondevila, Soutomaior, Vilaboa e Castrelos), unha suite e nove "junior suites". Tamén, conta con numerosas salas privadas de traballo e un "business center", acondicionado este último cos mellores medios informáticos do mercado. O resto das instalacións do NH compretanse cun ximnasio e parking próprios.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: