Por primeira vez os galegofalantes de Extremadura temos a oportunidade de expresarnos para todo o mundo na lingua que compartimos cos irmáns de Galicia. E facémolo hoxe gracias a Vieiros que nos dá a benvida igual que o resto de comunidades galegas polo mundo adiante.
O noso obxectivo é ofrecer información de todo o que pasa na nosa comarca, especialmente en relación coa nosa comunidade lingüística. Tamén daremos conta da presencia do Val das Ellas en Internet, así como de todo canto contribúa á proxección da nosa comunidade.
Para iso procuraremos mantervos informados puntualmente e actualizar periodicamente as nosas páxinas. Se tedes algunha suxerencia ou queredes colaborar con esta edición de Vieiros, non tedes máis ca enviarnos un correo electrónico a: valdoellas@vieiros.com