Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Cortar unha carballeira só se multa con mil pesos

Un veciño de Mondariz cortaba recentemente oito carballos sen licencia. As autoridades, en cumplimento da lei, multábano con 214.000 pesetas. Máis recentemente, outro veciño cortaba ata 52 carballos. A Consellería de Medio Ambiente multábao con só 5.000 pesetas. Precisaremos que o segundo dos veciños era concelleiro do PP na vila pontevedresa, o que insinúa unha aplicación da lexislación ben pouco edificante por parte da consellería.

- 08:37 22/08/2001
Tags:

Un veciño de Mondariz cortaba recentemente oito carballos sen licencia. As autoridades, en cumplimento da lei, multábano con 214.000 pesetas. Máis recentemente, outro veciño cortaba ata 52 carballos. A Consellería de Medio Ambiente multábao con só 5.000 pesetas. Precisaremos que o segundo dos veciños era concelleiro do PP na vila pontevedresa, o que insinúa unha aplicación da lexislación ben pouco edificante por parte da consellería. O caso aconteceu na parroquia de Lougares, a pé do Pumariño, na cunca do Tea, parte da rede Natura 2000.

Segundo denuncia do BNG local, Emilio Barro, edil do PP, cortou 52 carballos. Incumpriu deste xeito a Lei de Montes, que prohibe a corta incontrolada de frondosas para evitar a reducción drástica do bosque autóctono.

A corta fíxose nunha propiedade súa a pé do regato Pumariño. Isto vai en contra da Lei de Pesca Fluvial. Nese documento, prohíbese a corta de árbores dentro da zona de policía,100 metros de todos os acuíferos, sen permiso das autoridades medioambientais.

Ademais, deixou esparexidas as ponlas dos carballos, incumprindo a Lei de Incendios forestais. Tal lei, prohibe aquelas accións que poidan favorecer a xeración ou propagación de incendios forestais. Foi, por certo, a única lei que se lle aplicou, e de aí a multa única de mil pesos, imposta dende a delegación provincial da Consellería de Medioambiente, por “deixar pólas de carballos esparexidas".

Ademais, non pagou a licencia que establece o Plan de Ordenación do Medio Rural de Mondariz, que obriga aos propietarios de masas forestais a solicitar licencia municipal e aboar unha taxa pola corta de madeira.

Por certo, que no lugar dos carballos prantou eucaliptos...

Preguntados por Vieiros, na Consellería de Medio Ambiente afirmaron descoñecer o caso. Na delegación de Pontevedra tampouco parecen lembralo, aínda que nos foi imposible falar directamente co delegado, José Luis Diez.

No próximo pleno da corporación, o BNG pedirá a Juan Reboreda, alcalde do PP, o cesamento do edil Emilio Barro.

A oposición de Mondariz lembra tamén que no ano 1999 o concelleiro do PP Ernesto Godoy trasladou, un autobús de 60 plazas a un monte comunal da parroquia mondarizana de Sabaxáns, onde quedou abandonado. A pesar das denuncias (BNG, SEPRONA da Garda Civil, Axentes Forestais...) a Consellería de Medioambiente nin multou a Ernesto Godoy nin fixo nada por ordear a retirada do autobús e o seu traslado a un depósito autorizado. Mesmo se levou unha queixa ao Valedor do Povo, quen instou ao Concello a ordear ao edil popular a inmediata retirada do ómnibus. A día de hoxe aínda non o fixo...


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: