Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

XII Festival de Cerceda

(6 de xullo) Duodécima edición deste festival xa clásico en Galicia, por onde pasaron bandas de bo rock (e tamén duro). Celebrase ao aire libre nun campo da vila, entrada de balde, zona de acampada....

- 17:08 28/06/2001
Tags:

O venres 6 estarán:

  • RICHI MARTIR (cantautor). De Cerceda, ex-menbro de grupos da vila como Nasser ou Desertores do Arado.
  • KASTOMÁ (rock). Desde Ordes rock de alto voltaxe sen influencias específicas.
  • RUXERUXE (Folc-rock). Os de Compostela presentan en Cerceda o seu 2º traballo discográfico "Non temos Medo" editado por Clave Records.
  • OSIRIS (Pop). Cerceda é unha vila de apenas 5000 habitantes pero grupos como Zënzar fixeron que existan na actualidade 5 grupos de rock. Osiris preséntanse en este concerto.
  • MENINH@S DA RUA (Techno metal). Formados no ano 97 na Coruña. No 98 editan a sua 1ª maqueta. A mediados do 2000 gravan unha promo con catro temas coa que conseguen contrato discográfico. O disco sairá para setembro.Teñen tocado por Galicia e outras partes do estado. Recentemente un tema seu forma parte dun recompilatorio titulado 'Revolta Sonora' que inclúe música galega, catalana e francesa. Utilizan programacións fundidas con sons duros.
  • SENSACHA (pop rock). Formados no 98 en Cerceda, con vocalista feminina e unha maqueta editada. Teñen participado en varios festivais do país.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: