Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Dez artistas noveis galegos na Casa da Parra

Un total de dez artistas noveis galegos expoñerán dende o luns a súa producción na Casa da Parra en Santiago baixo o nome "10+10", organizada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e que será inaugurada polo titular de este departamento, Xesús Pérez Varela.

- 07:55 28/05/2001
Tags:

A consellería explicou que "10+10" é un proxecto con que pretende promover a obra dos novos valores da plástica galega, aproveitando para isto un lugar "tan concorrido e recoñecido" como é a Casa da Parra, na Plaza da Quintana en Santiago.

A exposición que se inaugura é a segunda parte dun proxecto que se puxo en marcha no pasado mes de abril e que amosou hata hai uns días a obra de dez dos vinte artistas que participan nesta proposta.

Os artistas incluídos nesta segunda parte do proyecto son Carme Bellas, Modesto Fernández, Xermán González, Inmaculada González, Paula Mariño, Sabelo Martín, Carolina Martínez, Xosé Antón Pedrido, Colomán Ramos e Natalia Val.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: