Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Monográfico 1 / NOVAS INVESTIGACIONS

Coordina Helena González
Universitat de Barcelona
Tal como xa se anunciou, neste monográfico recóllense aportacións recentes nos estudios galegos, como o entremés galego descoñecido que A. Cortijo, da University of California Santa Bárbara atopou inserido nunha peza teatral en castelán e que aquí se reproduce. Así mesmo publicamos un interesante adianto, o limiar á gramática do galego de R. Alvarez e X. Xove, do ILG, que está a piques de tirar do prelo a Editorial Galaxia. E, finalmente, tamén contamos coa colaboración de X. González-Millán, do Hunter College. Pero este monográfico quere darlle un especial protagonismo ás novas investigacións dos novos investigadores: extractos ou resumos de teses e traballos de investigacións defendidos recentemente.

- 04:54 29/05/2001
Tags:

Normalmente os novos doutores e os estudiantes de terceiro ciclo, logo de defenderen o seu traballo de investigación ou tese de licenciatura, teñen que agardar un tempo antes de ver publicada a súa tese, se é que non queda inédita. Un dos obxectivos primordiais da Asociación Internacional de Estudios Galegos, AIEG, é o de potenciar a investigación no ámbito universitario. Por iso, para fomentar o coñecemento interdisciplinar da vangarda dos estudios galegos e "presentar" estes novos investigadores, ofrécese un extracto ou un resumo destas novas aportacións, e habilítase un espacio no Foro para que os lectores poidan opinar e debater sobre cada un dos traballos. Por suposto, para coñecelos con maior vagar e profundidade precisarán aparecer en libro ou ben como artigos de maior extensión en revistas científicas e culturais. Ogallá esta iniciativa da AIEG sirva para aguilloar a súa publicación.

Algunhas das colaboracións que se ofrecen neste primeiro monográfico non son tan recentes, mais por se tratar de disciplinas habitualmente menos representadas nos estudios galegos -máis virados cara a filoloxía e a historia- decidimos incluílos para propiciar a súa difusión e darlles visibilidade. Neste monográfico recollemos traballos de socioloxía, educación, literatura e cine, traducción e pintura.

Periodicamente irán aparecendo novos monográficos sobre investigación recente. Se xa fixeches a defensa da túa tese e queres dala coñecer, escríbenos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: