Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A pintura de acción como procedemento

Por Ana Isabel Corzo Sánchez
A finalidade desta investigación, foi aportar unha nova forma de orienta-la "pintura de acción", segundo a concibían os artistas pertencentes á primeira xeración de expresionistas abstractos norteamericanos que traballaban seguindo esta determinada corrente artística. Resumo da tese de doutoramento defendida por Ana Isabel Corzo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Universidade de Vigo en marzo de 2000.

- 04:54 29/05/2001
Tags:

Arte e vida identifícanse no acto pictórico mediante a relación existente entre o artista e o cadro. Relación baseada na representación do acto espontáneo da improvisación creativa, dunha maneira enérxica e xestual, onde ó influí-la realidade interior do artista, se presenta o tema de forma subxectiva. Tomando como punto de partida o “automatismo psíquico”, temos como resultado o proxecto artístico como explosión da acción a través do xesto pictórico e da cor, expresando imaxes que non soamente son abstractas, ó reivindica-la creación de obras figurativas, destacando a tridimensionalidade do lenzo en toda a extensión do concepto.

No proxecto artístico persoal presentado que comenza directamente no mesmo proceso pictórico, reflectindo a visión psíquica da artista, priman a unión dos seguintes elementos: a expresión automática do inconsciente, a acción expresada a través do xesto pictórico onde se empleou especificamente a técnica do dripping, o empleo importante da cor e a evolución do proceso pictórico en si mesmo. Xunto con todo isto, recoñecéronse as dimensións do subconsciente, onde a compoñente emotiva é a base desta experiencia creativa.

Entendendo a arte como expresión vital e subxectiva da personalidade máis íntima, o movemento do propio corpo, a acción de seu, faise necesaria para expresa-lo significado profundo do ser, o descubrimento do eu máis interior, traducindo todo o que se ve tanto no noso entorno físico como no noso mundo interno, nos máis variados sentimentos, sensacións e emocións, producidas por esta forma de "ver" xa non física, senón psíquica e todo iso, interpretado como un espontáneo e automático acontecemento.

A expresión deste mundo íntimo, individual, subxectivo e visceral, procedente do subconsciente, tradúcese a través do xesto pictórico, dese xesto espontáneo e directo, así mesmo, pola fluidez innata da mesma materia e ademais, polo poder simbólico da cor, logrando desta maneira, no só unha representación abstracta e bidimensional, senón xurdindo e evocando imaxes suxerentes, recoñecibles e modeladas, debido tanto á forma de executa-lo trazo xestual, onde foi fundamental a utilización da técnica do dripping, como a análise que se realizou do factor sorpresa, é dicir, do azar.

Deste modo, o proceso entendido como núcleo do proxecto artístico, vén determinado polo acto de pintar, sendo a través deste procedemento como se chega a transmitir no lenzo a personalidade emotiva e sensitiva da súa autora.

Ana Corzo Sánchez
La pintura de acción como procedimiento.
Tese de doutoramento.
Dirixida por José Chavete Rodríguez.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra, Universidade de Vigo, 2000.
Inédita.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: