Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

2º premio "Galicia, única…diferente" para ERGaC

A voceira de ERGaC, Cristina Neira, comunica en nota de prensa que o pasado venres día 23 de febreiro, esta asociación de radio galega en Cataluña gañou o segundo premio xornalístico Galicia, única… diferente que outorga a Enxebre Orde do Percebe, cunha dotación económica de 300 mil pesetas, en recoñecemento ao seu labor xornalistico desde a súa creación no ano 1989.

- 16:10 01/03/2001
Tags:



No transcurso da cea organizada pola Enxebre Orde do Percebe no Pazo de Congresos Juan Carlos I de Barcelona entregáronse os premios de xornalismo Galicia, única…diferente a aquelas persoas, entidades ou empresas destacadas na difusión da cultura galega no exterior a nivel estatal. O primeiro premio, cunha dotación económica de un millón de pesetas, foi para o xornalista lucense Fernando Ónega e o segundo para os programas da asociación ERGaC, recollido polo seu presidente Manuel Piñeiro.

Na cea, que chaman A gran noite de Galicia en Barcelona, asistiron, entre outras persoas, o presidente do Clube Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro, o recén nomeado Ministro do Interior, Sr. Rajoy e foi retrasmitida en directo pola Radio Galega coa colaboración do locutor Luís Rial.

Ao premio optaban numerosos medios e, no caso da asociación ERGaC, valorouse o seu traballo xornalistico (na actualidade con cinco programas en directo e un voceiro escrito mensual) e a súa aportación á cultura na cidade de Barcelona coa organización da Semana de Galicia (Casa del Rellotge, 1995) e o ciclo de conferencias da Casa do Mar (1999) ademáis da publicación do libro Esa manía túa de…Vivir en Presente (1994) en homenaxe á finada compañeira Paquita Álvarez e o Curso radiofónico O galego nas ondas”(2001). Ao acto asistiron ademaís os directores do programas Aturuxos (Ana Belén Real) e Galiza… algo máis (Antón Fernández). Informa Cristina Neira.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: