Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Santo Grial, atopado nunha granxa de Valdeorras

A lenda rematou. O Santo Grial apareceu. Un labrego de Valdeorras puxo fin, sen sabelo, a un dos grandes mitos da cultura occidental. Manuel Blanco Casal cavaba o pasado luns unha gabia para a fosa séptica da súa explotación agrícola cando deu cun copón de madeira. A forma chamoulle a atención, así que deulle parte á Garda Civil que, inmediatamente, alertou as autoridades culturais. Un exército de arqueólogos e historiadores especialistas en restos da Terra Santa presentáronse na pequena granxa de Rubiá, ao pé do Sil, para estudiar cada milímetro do que probablemente é o achado arqueolóxico do milenio. Logo de facerlle ao copo a proba do carbono 14, os especialistas concluíron que si, que era certo, que ese vaso de rústica madeira era o mesmo no que Xosé de Arimatea recollera o sangue que Cristo manou na cruz. Os expertos, que buscan agora unha teoría para a viaxe do Santo Grial a Galicia, explicaron algunhas das características desta excepcional reliquia. Feito en madeira de oliveira, con sete centímetros de diámetro e quince de altura, o copo que alimentou a imaxinación de Ferrín e o peto de Spielberg, presenta un estado de conservación que o fai parecer recén feito, agás por un corazón tallado a punta de coitelo cunha frase no seu interior: "Lancelot loves Guinevere" (Lanzarote ama a Xenevra).

- 08:49 28/12/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: