Segundo a enquisa que o noso diario mantivo dende hai máis ou menos un mes, o BNG sería a forza política que acadaría a alcaldía da nosa cidade nas vindeiras eleccións do mes de xuño. A enquisa na que sinalabamos como as outras dúas forzas alternativas ó Partido Popular e ó PSdeG-PSOE así o demostrou.
O BNG acadaría a alcaldía por case que máis dun oitenta por cento sobre os seus dous rivais políticos inmediatos. O segundo posto quedaría para o PP a unha grandísima distancia e o terceiro sería para o PSOE por unha escasísima diferencia co respecto ao PP. Dende Vieiros-Vigo, quixefinmos facer esta enquisa coa fín de obter algo do pulso do electorado vigués se ben, coñecemos que o sector que soe acudir á rede e, o noso medio, é maioritariamente xoven (dende os 16 ata os 50), con estudios medios, estudiantes e traballadores. É posible pois que non teñamos recollido tódalas intencións de voto dos sectores maiores da idade que sinalamos pero, aínda que non sexa así, á marxe da avantaxe da forza nacionalista é de ter en conta. No despegue do BNG, poden influír moitas cousas. Os votantes do Partido Popular, non perdoan a esta formación a suba dos impostos, feita pouco despois de chegar á alcaldía e, logo de asegurar que baixaría os mesmos. Tamén, sen dúbida, perxudican a esta formación as pelexas internas a hora de nomear ó novo candidato e, os malos tragos que o Conselleiro Cuiña ten feito pasar ó actual rexedor e por extensión ó resto dos vigueses. Os trapos suxos, os ingresos non claros e, as obras sen licencia urbanística do segundo nas listas populares, tamén parecen ter pasado factura a esta formación. Pola súa parte, os socialistas concorren as estas eleccións tras unha renovación aínda moi recente e un cambio que moitos inda non teñen percibido. Se ben a presentación da candidatura foi multitudinaria, os enfrontamentos nas prensa dalgunhas das figuras do socialismo galego poden ter prexudicado tamén a esta formación que, concorre á cita de xuño cunha candidatura caseque totalmente renovada. As excisións desta formación que deron lugar a formacións políticas, como a encabezada polo antigo alcalde Manuel Soto, poden tamén ter algo que ver coa escaseza de votos de apoio. O PSdeG-PSOE baseara a súa campaña na figura de Carlos Príncipe, un home xove que dende que foi elixido pola executiva do seu partido, ten pateada a cidade e toda canta asociación e grupo veciñal existe nela. O resultado destes encontros aínda que non se reflexa na nosa enquisa pode deparar algunha sorpresa. Sen embargo, o gran gañador e máximo beneficiario de todos cantos problemas asolaron ós seus competidores máis inmediatos, foi sen dúbida o BNG. Esta formación nacionalista é a que máis se destaca nas preferencias dos votantes. Sen fisuras aparentes, cunha candidatura que vai dende os 38 anos da súa cabeceira ata os coarenta e tantos do resto da lista, esta formación parece a destinada a gobernar na casa consistorial, aínda que sexa en coalición, nos próximos catro anos. Ben, sexa cal sexa o resultado, que deus reparta sorte e, que sexa o mellor para os que en Vigo residimos.