Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Monumento en Bruxelas adicado ao peregrino

O conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, inaugura o sábado en Bruxelas un monumento adicado aos peregrinos do Camiño de Santiago.

- 14:11 23/04/1999
Tags:

O conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, vai inaugurar un monumento adicado aos peregrinos do Camiño de Santiago, que se ubicará na Porte de Hal na capital belga. A escultura pertence a Manuel Paz e está realizada en granito de Galicia, cunha dimensión de 6,5 metros de alto, 1,8 metros de ancho e 1,3 de longo. Trátase dun menhir dividido en tres partes que representa un lugar de encontro e punto de partida. A praza de Porte de Hal en Bruxelas era o punto de partida das peregrinacións xacobeas desta cidade.

A obra complétase cunha placa en pedra que leva inscrito o seguinte texto en galego, francés, español e holandés: "Esta escultura, antergo símbolo solar adicada ao peregrino anónimo, que foi doada pola Xunta de Galicia e erixida no punto de encontro e de saída dos peregrinos cara a Santiago de Compostela".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: