Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Actos de apoio a Abu-Jamal, condenado a morte

A Plataforma Antifascista de Solidariedade Con Mumia Abu-Jamal convoca varios actos de apoio con este xornalista e activista afro-americano condenado a pena de morte pola temible xustiza dos EEUU...

- 14:11 23/04/1999
Tags:

Leva 16 anos esperando a morte nun cárcere de Pennsylvania. O xornalista Mumia Abu-Jamal foi acusado de asasinato en 1981, cando chegou á súa casa e atopou a un policía golpeando ao seu irmán. Segundo as testemuñas, dous homes fuxiron da escena. Mumia foi gravemente ferido pola policía e, tras un xuízo onde reclamou a súa inocencia, onde non se lle permitiu escoller defensa legal, onde se limitaron os recursos para obter testemuñas e de onde foi expulsado a meirande parte do tempo, foi condenado a pena de morte. Esta sentencia podería ser executada o vindeiro mes de maio, si é firmada polo gobernador do estado de Pennsylvania.
Mumia Abu-Jamal uníuse ao Partido das Panteras Negras, unha organización revolucionaria afro-norteamericana, cando estudiaba na escola superior en Filadelfia. Tras deixar as Panteras Negras, traballou como xornalista, dándose a coñecer pola súa defensa dos pobres e polos seus informes sobre a brutalidade policial nos EEUU. Na actualidade, os EEUU ten o número máis alto de persoas esperando execución, a maioría deles negros, latinos ou indíxenas. Con estes datos, EEUU achégase, en canto a poboación non branca encadeada, aos niveis do réxime surafricano nos seus días escuros de apartheid.

A Plataforma Antifascista de Solidariedade con Mumia Abu-Jamal convoca unha manifestación para o sábado 30 de abril, ás 18:00 horas, De Tirso de Molina a Atocha. O sábado 1 de maio, concentración de 12 horas na Plaza Maior, a partir das 15:00 horas, con teatro e actuacións musicais. E o sábado 8 de maio, concentración na Plaza de la Villa, ás 18:00 horas.

Para máis información sobre o caso de Mumia Abu-Jamal: www.mumia.org www.peoplescampaign.org


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: