Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

IF acusa a Blanco Rouco de encubrir delitos

Independentes por Ferrol denuncia a actitude do alcalde de Ferrol de encubrir actividades delictivas realizadas por funcionarios municipais. Segundo o grupo de Juan Fernandez, o alcalde era coñecedor deste fraude fiscal de 6 millóns de pesetas. Segundo IF alguen borrou información tributaria no Centro de Proceso de Datos do Concello de Ferrol.

- 23:13 23/02/1999
Tags:

Juan Fernandez e o resto dos edís do Grupo municipal de Independentes por Ferrol convocaron o martes 23 de febreiro ós medios de comunicación para denunciar publicamente ó alcalde de Ferrol por encubrir actos delictivos supostamente realizados por un funcionario municipal. Segundo os independentes, o alcalde era coñecedor destas prácticas fraudulentas, e non actuou para evitalas.

Independentes por Ferrol denuncia a actitude do alcalde de Ferrol de encubrir actividades delictivas realizadas por funcionarios municipais. Segundo o grupo de Juan Fernandez, o alcalde era coñecedor deste fraude fiscal de 6 millóns de pesetas. Segundo IF alguen borrou información tributaria no Centro de Proceso de Datos do Concello de Ferrol.

Ademáis o grupo de Juan Fernandez denunciou a conducta do alcalde, que logo de que se iniciara o proceso penal contra esta suposto fraude, non se personou na causa aberta para aportar os datos e as informacións que posuía sobre o caso.

O proceso penal aberto contra estes dous funcionarios ten como base un posible fraude de seis millóns de pesetas das arcas municipais. Independentes por Ferrol criticou a blanco Rouco por "querer terxiversar o tema, acusando ós edís de IF de manipular o sistema informático do Centro de Proceso de Datos do Concello.

Segundo as denuncias de IF, o grupo de goberno, o grupo municipal do PP era coñecedor deste fraude e non actuou. Para Juan Fernández, existen probas suficientes para demostrar que o alcalde de Ferrol foi neglixente nas súas competencias, e encubriu a realización dun delito de prevaricación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: