Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os alumnos contra o peche da Universidade Popular.

Os alumnos dos diferentes cursos que teñen lugar nas aulas da Universidade Popular, mantiveron onte unha xuntanza na que se adoptaron diversas medidas de protesta para acadar unha solución ó peche do edificio da Universidade Popular decidido pola xunta rectoral deste organismo, a Concellería de Cultura e un arquitecto municipal.

- 23:28 19/04/1999
Tags:

Os alumnos teñen decidido concéntranse fronte ó edificio da Universidade Popular, cada grupo dacordo co horario no que tiña establecida a súa clase. Deste xeito, maniféstanse contra o peche da Universidade Popular aconsellado polo arquitecto municipal xa que segundo el, non ofrecen garantías as actuais instalacións e, poderían producirse algúns derrubamentos. Os alumnos desexan coñecer canto tempo teñen previstas as autoridades competentes manter o peche das aulas e, cando comezarán as obras de remodelación do inmoble e, a duración das mesmas. En todos eles se atopa xa presente, a perda que supuxo o derradeiro arranxo deste inmoble que tivo lugar no ano 90 e que impediu impartir clases ó longo de todo un curso. Polo de agora, os alumnos de tódalas idades tan só se concentrarán fronte ó edificio nos horarios das súas clases, se ben non esgotan realizar outras medidas de presión no caso de non ter unha resposta por parte do concello e da xunta rectora.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: