Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galego 21 presenta novo software en galego

Galego21.org, a plataforma polo galego na informática, vén de presentar novos programas na nosa lingua. Á parte do navegador Xis 4.03, agora pódese descargar o Mozilla, a versión galega do que será o vindeiro Netscape (o futuro Xis 6). Outra das novidades é o LeechFtp 2.3, un excelente cliente de FTP co que poderás subir e baixar arquivos ao teu servidor. Para os que lle guste a música, Galego21 pon á súa disposición o WinAmp 2.64, o máis famoso reproductor en formato MP3, con 'interface' personalizada e en galego. Pero iso non é todo: está tamén dispoñible o WebCopier, o mellor navegador Off Line de balde que hai no mercado; o NetVampire 3.3, para descargar arquivos dende calquera servidor; o Easy CD-DA Extractor 4.2.0, que converte pistas de audio CD en ficheiros de son; e o Windows Commander 4.51, que mellora a xestión de arquivos, directorios e unidades. E prometen máis...

- 09:37 19/09/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: