Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Empresas galegas nunha feira funeraria do Porto

Sete empresas galegas do sector funerario van presenta-los seus productos na Feira Internacional do Porto, Exponor, nun certame que comeza este venres e que se clausurará o domingo. A presencia das firmas do noso país en "Expo-fúner 99" está organizada pola Cámara de Comercio e Industria de Ourense e pola Fundación Feiras e Exposicións desta cidade (Expourense).

- 08:09 16/04/1999
Tags:

Hai que ter en conta que na cidade das Burgas xa se realiza anualmente un certame de similares características. De aí que Expourense tamén teña un expositor en Exponor para promocionar "Funergal 2000" entre os centos de visitantes profesionais que acudirán á presente edición de "Expo-fúner".

En total, as sete empresas funerarias galegas ocuparán 160 metros cadrados de superficie da exposición, onde se presentarán as últimas "novidades" deste sector, ó que todos, mais tarde ou máis cedo, teremos que recorrer.

A participación galega en "Expofúner" é unha das actuacións de promoción exterior incluídas no Plano Foexga 99, programa cofinanciado pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: