Existe un portal na rede dedicado aos dezoito concellos eonaviegos. Trátase dun portal chamado "Guía del Occidente de Asturias"
A Guía ten como obxectivo apresentar todas as ligazois existentes sobre el Eonavia para que cualquera visitante poda atopar informaciois del máis variado, que van desde a gastronomía, hospedaxes, comunicaciois, grupos de danza e musicais, etc.
El Portal vai crecendo a un bon ritmo, amecendo todos aquelos elementos que podan interesar non solo ás persoas de fóra, senón aos proprios eonaviegos. Existe uha primeira sección de elementos comúis e despois faise uha referencia concello a concello con aquelas ligazois disponíbeles e que permiten ter a mao toda a información necesaria.
Inclúe uha interesante galería fotográfica dividida en paisaxes, artísticas, recantos, deportivas e natureza.
Quen teña interese en fer uha viaxe virtual pola Terra Eo-Navia que visite
Guía del Occidente de Asturias