IUMA (Internet Underground Music Archive) é unha interesante web sobre música que se "pasou" na súa última proposta. Agora fai un curioso concurso para aumentar a súa popularidade: sortea 5.000 dólares entre os pais que lle poñan ao seu fillo o nome de 'Iuma'. O caso é que moitos proxenitores decidiron 'cravarlle' Iuma aos seus retoños. O primeiro gañador é un tal Iuma Dylan-Lucas Thornhill, nado en agosto. Pero haberá máis... o que non sabemos é se os nenos llelo poderán perdoar algún día.
.