Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

E as facturas de Fenosa seguen en español...

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou o luns a devolución dun novo recibo da luz, e xa van tres, porque Unión Fenosa non cumpriu aínda coa petición de que tramiase estas facturas en galego. Hai uns meses o director de Unión Fenosa en Galicia anunciou que "en breve" a empresa ia incorporar o galego nas súas facturas, segundo sinalou a organización en defesan do idioma galego.

- 17:20 26/07/2000
Tags:

Esta organización, que vén desenvolvento a campaña "En galego, é de recibo", mantivo varios contactos coa compañía eléctrica demandando o uso do idioma propio de Galicia e solicitou expresamente que se lle enviase a súas factura en galego, ao tempo que indicaba que non realizaría ningún pagameno do recibo da luz mentres éste non estivese en galego.

Nestes momentos a Mesa debe os recibos daluz correspondentes aos meses de marzo (xaneiro e febreiro), maio (marzo e abril) e xullo (maio e xuño). A organización insiste en que manterá a súa decisión de non pagar os recibos ata que non estean en galego. Recordamos que a comezos do mes de xullo Fenosa cortoulle a luz a esta organización, aínda que procedeu a restituírlle o subministro horas despois.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: