Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Consolídase a plataforma Nunca Máis de Catalunya

A reacción contra a catástrofe do chapapote en Galiza está a polarizando cada vez máis a preocupación da cidadanía catalana. Liderada polos galegos e galegas máis activos de Cataluña, a platamorma Nunca Mías / Mai Més, convoca mobilizacións, artella propostas de acción cívica e coordina voluntariado e entrega de material e enseres.

- 09:13 13/12/2002
Tags:

O vindeiro domingo 15 de decembro está convocada unha manifestación para pedir responsabilidades polo verquido do Prestige. Ás 12 do mediodía concéntrarase diante do Centro Galego de Barcelona unha manifestación que se espera multitudinaria. A conciencia que se estende no país catalán, non só nos círculos achegados ás comunidades galegas, da magnitude do atentado ecolóxico é cada día máis evidente.

O tema está en todos os medios, en todas as conversas… en definitiva, na sociedade. Isto explicaría porque a plataforma Nunca Máis de Catalunya incide unha e outra vez en que as axudas a Galiza deben enfocarse a longo prazo e como medida preventiva para que non se condene á emigración a milleiros de familias galegas.

O venres 13 de decembro se celebrará ademais unha actuación no Ateneu Popular de Sta. Coloma de Gramanet do grupo Terça Feira e a Agrupación Teatral Furafollas. O obxectivo é a protesta popular. Tamén está programado para o venres 21 un festival de música no CCCB.

O distrito de Gracia aprobou pola súa banda unha resolución que condena todo o relacionado co Prestige e se adhire á plataforma Nunca Máis.

O Centro Galego de Barcelona tamén se adhire á plataforma e cedeu os seus locais para que sirvan de centro de coordinación de Nunca Máis.

Ademais, a Generalitat está a coordinar os grupos de voluntarios a través do 900.300.500


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: