Coord. Centre Dona i Literatura
Da Facultade de Filoloxía da Universitat de Barcelona
:: Co cambio de século e a multiplicación de perspectivas sobre a cuestión do(s) xénero(s), parece precisa unha ollada desprexuizada e crítica sobre as maneiras asumidas de "parcelar" o pensamento común, como o concepto de nación, a propia delimitación do concepto de xénero ou as estratexias utilizadas para favorecer a presencia da muller na vida pública.
Sen fronteiras, o xénero ten vontade de cuestionar e de abrir debate máis alá da pedagoxía e por suposto, das etiquetas e das normas aprendidas. Situámonos na fronteira para abrir o debate. Para iso convidouse a participar a investigadoras e investigadores especializados nos estudios de xénero pero desde disciplinas e ámbitos lingüísticos distintos, como o dereito, os estudios culturais, a literatura francófona magrebí, a arte... Algúns deles están vinculados ó Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona e por suposto ás súas publicacións e mais á revista Lectora. Dones i textualitat promovida pola Xarxa Temàtica Dones i Cultures, onde as investigadoras e os estudios galegos (toda a información está dispoñible na páxina web do Centre Dona i Literatura).
Aquí non se ofrecen modelos teóricos que cómpre seguir, senón que se valora o xénero desde posicións diversas e plurais. Sen fronteiras, o xénero é pois un convite para participar do pensamento crítico na súa contemporaneidade, sen medo a cuestionar aspectos que parecían intocables.