Bos Aires terá na lembranza este Día da Patria Galega do ano 2002. Na véspera, un protagonista indiscutido da acción galeguista no Río da Plata, o destacado escritor Ricardo Flores Pérez partiú ao encontro dos irmáns que con él loitaron pola defensa da Galiza. O mércores 24 de xullo o corazón do "Patriarca dos escritores galegos" e activo partícipe do movemento asociacionista en Bos Aires, detuvo o andar deste home bo e xeneroso. Este ano cumpliu 99 anos. Cen anos de vida e setenta de traballo e loita pola cultura galega e pola Patria. Silandeira partida. Entre os primeiros homenaxes destácase o do xoves 25 de xullo no acto polo Día da Patria Galega realizado na histórica sede da Federación de Sociedades Galegas, onde os presentes fixeron un minuto de silencio rematado cun fortísimo aplauso á súa memoria.
Bos Aires non esquecerá este Día da Patria Galega do ano 2002. Nas vésperas, un protagonista indiscutido da acción galeguista no Río da Plata, o destacado escritor Ricardo Flores Pérez partiú ao encontro dos irmáns que con él loitaron pola defensa da Galiza.
Xa celebrou o Día da Patria Galega con seus irmans, Castelao, Ramón Suarez Picallo, Eduardo Blanco Amor, Manuel Puente, Xosé Bieito Abraira, Bieito Cupeiro, Luis Seco Piñeiro, Moisés da Presa, Rodolfo Prada e tantos outros. O
Secretario de Actas do célebre Consello de Galiza (o primeiro goberno galego presidido por Castelao), mora xunto aos patriotas galegos dende o mércores 24 de xullo. Quédanos a lembranza, o seu exemplo de vida, e a obra literaria.
Nese día 24 de xullo o corazón do "Patriarca dos escritores galegos" e activo partícipe do movemento asociacionista en Bos Aires, detuvo o andar deste home bo e xeneroso. Este ano cumpliu 99 anos. Cen anos de vida e setenta de traballo e loita pola cultura galega e pola Patria.
Silandeira partida. Cumplíuse a súa vontade de ser cremado. Entre os primeiros homenaxes destácase o do xoves 25 de xullo no acto polo Día da Patria Galega realizado na histórica sede da Federación de Sociedades Galegas, onde os presentes fixeron un minuto de silencio rematado cun fortísimo aplauso á súa memoria.
Merecida homenaxe que anticipa a que fará ADIGAL - Associaçom Civil dos Amigos do Idioma Galego-, en maio do 2003, centenario do seu nacemento. Seu Presidente, Higinio Martinez Estevez e o Presidente da Federación de Sociedades Galegas, Francisco Lores Mascato, salientaron as principales accións na longa vida de Ricardo Flores.
Segundo Higinio Martinez Estévez, "foi un home absolutamente consecuente na súa vida coas ideas que profesou, e sempre mantivo a sonrisa na boca, máis alá dos problemas que tivera, o que demostra que tiña un equilibrio emocional, unha tranquilidade espiritual moi forte porque estaba plenamente compenetrado coa loita polos seus ideais. Tiña unha forte razón para a súa existencia. Así viviu 99 anos. Ben puido chegar e superar os cen anos -continúa Martínez Estévez -, pero fai máis dun ano xa que non podía ler, situación que ocasionou un baixón anímico notable que en definitiva foi o que restou forzas ao seu corpo".
Naceu no Concello de Sada o primeiro de maio de 1903, nunha familia de agricultores. De pequeño tivo una formación elemental e a partir dos dez
anos foi á escola únicamente duas horas pola noite durante o inverno. Ricardo foi un autodidacta que participou como oínte das veladas teatrais da Irmandade da Fala no Ferrol mentras estaba no servicio militar. Ao regreso a Sada escribiu varias obras de teatro (Um filho de bendiçom, Conselhos do Tio Joám e Querer de comenência) que logo foron estrenadas na mesma localidade.
Unha constante na vida dos galegos, no 1929 Ricardo Flores emigra a Bos Aires onde traballou como asalariado nas metalúrxicas, situación que non impudiu seguir coa actividade artística e ser un destacado partícipe das numerosas entidades galeguistas da emigración, moitas delas de notable trascendencia -como o xa mencionado Consello de Galiza-, onde tivo unha entusiasta participación. Foi Membro das directivas da Irmandade Galega, da Comisión Intersocietaria, de ADIGAL -é un dos catro Membros de Honra desta entidade-, tamén Membro da Honra de AGAL (Associaçom Galega da Lingua), da Sociedade Nazonalista Pondal (a primeira institución galega que toma o término nazolista para identificar unha entidade galega),
activo colaborador da revista "A Fouce", e Presidente da Sociedade Coral "Os Rumorosos", por mencionar tan só algunhas.
Como dramaturgo ten publicados os títulos "Un ovo de duas xemas. Comedia rideira en dous pasos" (Rueiro, Bos Aires, 1956) e "A nossa terra é nossa. Um remédio Malfadado" e "O Afiador" (Cadernos da Escola Dramática, Corunha, 1992). Tamén foi un destacado cultor da poesía para música popular, como demostra as obras "Escola de cantigas galegas" (Caixa Ourense, 1984) e nas
"Trinta cantigas galegas (Reflexos da doma)" editadas pola Associaçom Civil dos Amigos do Idioma Galego (Adigal). Ricardo Flores foi un adiantado do reintegracionismo como pode atoparse nos seus artigos da revista "A Fouce" (da Sociedade Nazolista Pondal) onde todos eles están escritos nesa norma. Higinio Martínez Estévez afirmou que "foi o precursor máis antigo que coñecemos, dun xeito práctico porque non foi un teórico, da norma reintegracionista". AGAL (Associaçom Galega da Lingua) o menciona como
"Patriarca de Escritores Galegos".
Fai tres anos, Manuel Suarez anticipaba os aplausos e tamén a tristeza que sentimos todos nunha nota do periódico Galicia en el mundo. Alí manifestaba:Don Ricardo Flores Pérez (...) utilizou tres armas que non levan chumbo: a poesía, a música e o teatro. Eu sinto tristeza porque non lle cheguen á capital arxentina tódolos nosos aplausos e apretas. Non desexo que pense que as novas xeracións de galegos son uns desagradecidos pasotas con aqueles irmáns que facían patria cando non era nada doado.
Dende Vieiros Bos Aires pedimos a esas novas xeracións que lembren a Ricardo Flores. Aqueles que tivemos a honra de escoitar a Ricardo lendo versos cunha vista cuási centenaria e ver a este home repartir folliñas escritas na vella máquina ou correxidas de orixináis pola súa man, pedimos memoria.
A máxica inspiración dun poeta vencellado á Terra tivo, estamos seguros, decisiva importancia cando decidiu partir. Seu primeiro artigo foi publicado un 25 de xullo do ano 1933 baixo o título de A patria dos galegos. Exactamente 69 anos máis tarde as súas cinzas agardan a viaxe definitiva á Galiza.
Unha nota de Xosé Martínez - Romero e Pablo Rodríguez Leirado Bos Aires.
Máis información vencellada a Ricardo Flores Pérez:
LOURENZO, M. e PILLADO MAIOR, F.: O teatro galego, Ed. do Castro, Sada, 1979.
PENABADE REI, B: "Outra voz na procura da emancipaçom nacional: Ricardo
Flores", in Agália, nº 41, Março-Junho de 1995.
PÉREZ RODRÍGUEZ, L.: Breve Historia do Teatro Galego na Arxentina, Ed. da
Escola Dramática Galega, Corunha, 1991, nº 89.
RODRÍGUEZ GÔMEZ, J.: "O reintegracionismo na Argentina: o teatro de Ricardo Flores", in Homenagem a Carvalho Calero, Universidade de Santiago de Compostela, 2000.
ADIGAL Associaçom Civil dos Amigos do Idioma Galego)
AGAL (Associaçom Galega da Lingua)