Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A XUNTA EDITA 'HISTORIA DA DOZARÍA TRADICIONAL GALEGA'

O libro de cabeceira dos larpeiros

A Consellería de Medio Rural acaba de presentar Historia da dozaría tradicional galega, un delicioso compendio dos datos máis interesantes sobre a nosa repostería. Xa contabamos con antecedentes bibliográficos, como o receitario Repostería en Galicia, de Fina Casalderrey e Mariano García, ou con referentes cibernéticos como a web Colineta, na que o cociñeiro Miguel Vila ofrece os seus coñecementos de gastronomía. Pero agora temos unha auténtica enciclopedia para lambóns: non inclúe receitas, pero si explica a historia e orixe dos nosos doces tradicionais, a materia prima e os grandes mestres. Unha publicación imprescindíbel para quen deveza polas lambetadas.

- 10:43 26/01/2007
Tags:

O primeiro epidosio está dedicado aos elementos básicos da despensa: fariña, azucre, ovos, mel, produtos lácteos, froitas, especias, chocolate... A seguir, coñeceremos os mestres reposteiros de Galiza: cociñeiros, confeiteiros, chocolateiros... Dende a célebre confeitaría La Mora, na Rúa do Vilar compostelá ás vendedoras de roscas, dende o luxo e a opulencia até os modestos postiños das romarías. Tamén analizaremos o doce dende unha perspectiva histórica (a importancia do comercio marítimo na chegada de materias primas máis exóticas).

E, xa por último, repasaremos os diferentes tipos de doce: os feitos con froitas, comoa marmelos, mazás asadas ou calabazates, sen esquecer, por suposto, os licores (o de guindas e o de mirabeis, os máis abondosos); as galletas e pastas, popularizadas coa chegada do café, ou o simpático híbrido de Melide, o "rico", a medio camiño entre galleta e biscoito; chegaremos aos biscoitos ou "queiques", os amendoados, tan propios da reposteiría monacal, os mazapáns e turróns, os melindres e roscas...; as sobremesas feitas con leite, como o requeixo; as canas e bolos doces, as roscas e roscóns, a bica, a torta de Mondoñedo, a de Santiago, as tortas con crema... E, dende logo, as sobremesas caseiras propias de cada época do ano: a mítica filloa do Entroido, as tortas e bicas de roxóns, as torradas da Coresma, o leite frito, as natillas e flans, as papas de arroz (en Ferrol fanse polo San Xiao, o 7 de xaneiro), as chulas... Va que xa se nos fai auga na boca? Pois agora queda documentármonos con esta historia da nosa dozaría tradicional, e, se nos atrevemos, entrar na cociña!


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: