Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORTE SUBA DAS PEAXES

Cruzar o país pola AP9 será medio euro máis caro

Logo do pequeno triunfo coa supresión das peaxes de Rande e A Barcala, os usuarios da autoestrada recibirán o aninovo cun forte ataque aos seus petos. Completar o espazo total entre Vigo e Ferrol chimpará até os 13.40 euros, case medio euro máis caro que na actualidade, e conducir entre A Coruña e Vigo requirirá pago de 35 céntimos máis. Como media, as taxas que cómpre pagar por circular polos diferentes treitos da vía chegan a un incremento do 3.65%. Hai un ano, as peaxes xa subiran até un 3.5% e este ano van facelo outra vez moi por riba do propio Índice de Prezos de Consumo, IPC, que quedou o mes pasado no 2.6%.

  • De la Vega descarta que o goberno vaia apoiar unha redución da peaxe na AP9
  • Fomento négase a eliminar as peaxes galegas en casos de colapso do tráfico
  • Política Territorial recoñece a necesidade de reducir a peaxe da autovía Santiago-Ourense

- 10:35 28/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)