Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PP PODERÍA APOIAR A INICIATIVA

O Senado debaterá a redución da peaxe entre Vigo e Pontevedra

A petición fora rexeitada anteriormente no Congreso e agora o Senado será escenario dunha nova oportunidade para que a iniciativa vaia adiante, permitindo que os usuarios da autoestrada AP9 no treito entre Vigo e Pontevedra paguen só a metade da peaxe actual. O senador do BNG, Francisco Jorquera, explicou que Fomento podería incluír unha cantidade de catro millóns de euros que permitirían esa redución, lembrando que o prezo actual "está moi por riba do custo medio do conxunto das autoestradas estatais". A proposta foi rexeitada na Cámara baixa polos parlamentarios socialistas, e desde o PSdeG só o alcalde de Redondela se pronunciou en favor de que o seu partido apoie a emenda.

- 08:27 30/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)