Segundo os prazos manexados pola Consellaería de Presidencia e de acordo cos traballos actuais, o novo Estatuto quedaría listo no relatorio parlamentario antes de que remate este mesmo ano, sería discutido no Parlamento durante o primeiro trimestre no ano que vén e chegaría ao Congreso para a súa tramitación no segundo semestre de 2007. Explicouno o conselleiro, Xosé Luís Méndez Romeu, durante unha conferencia en Madrid este luns, onde adiantou que eses prazos se cumprirían sempre e cando da xuntanza que esta semana terán o presidente da Xunta e o líder do PPdeG saia unha viraxe cara a "unha actitude construtiva" dos populares. Romeu destacou entre outros puntos que con probabilidade os partidos acordarán que o documento estabeleza a esixencia para Galiza dun 8% do investimento territorializado do Estado durante dez anos. Do mesmo xeito dixo agardar que un dos puntos conflitivos, a definición do país no preámbulo, quede para o final do debate.