Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTREITA VIXILANCIA DO DIÁLOGO ESTATUTARIO GALEGO

Recado de Acebes para o PPdeG: En Madrid van facer a poda que consideren necesaria

"Recordemos que o texto que chegou de Andalucía ao Congreso incorporou case un cento de artigos copiados do Estatuto catalán e non quedou ningún". Sublíñao Ángel Acebes, secretario xeral do PP, en entrevista concedida ao diario ABC. Deixa así mandado para os procesos de negociación estatutaria en curso, avisando unha vez máis que a dirección do partido controla estreitamente o que fan os seus líderes autonómicos. Acebes, que xa cargara contra o líder do PPC, Josep Piqué, cando este insinuara que despois do pacto PSOE-CiU se abría a posibilidade de que os populares entrasen ao debate en Cataluña, á pregunta de se aceptarán "ese tipo de referencias nacionalistas noutros textos como o galego", en referencia ao acordo andaluz, reafírmase en que o PP "non considera necesarias as reformas" e avisa que combaterán "as que van contra a unidade de España".

  • Anteriores: Touriño lémbralle a Feijoo que o carácter "marxinal" do PP axudou a que Cataluña tivese Estatuto
  • Feijoo renuncia a unha fórmula galega e amárrase ao modelo estatutario andaluz

- 08:03 13/11/2006
Tags:


0/5 (0 votos)