Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VIEIROS DA ESCOLA ANALIZA A TELERREALIDADE

Do que oias non creas nada e do que vexas, a metade

Vieiros da Escola analiza a tan polémica e enredante 'telerrealidade', ou o que é o mesmo, boa parte da programación televisiva de hoxendía. Condutas sociais extremas previamente seleccionadas trasládanse aos platós de televisión e de aí aos fogares nos que nenos e maiores se empapan da vida ficticia destas personaxes. Para que os pequenos e as pequenas saiban que o que ven non é certo só porque saia na televisión, a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Patricia Digón, analizou este tipo de programas.

- 12:48 02/10/2006
Tags:

A quinta edición de Vieiros da Escola, logo de que Nova Escola Galega se puxese á fronte deste especial de Vieiros, trata o tema dos programas de máxima actualidade e, nalgúns casos, audiencia, das televisións. Falamos de Gran Hermano, Operación Triunfo e Supervivientes, entre outros, pertencen a este grupo de emisións audiovisuais baseadas na interacción de persoas descoñecidas ata o momento de celebrarse o concurso en cuestión.

Segundo a profesora Digón, estes programas son feitos unha vez que os produtores escollen as persoas cos patróns sociais máis exóticos e diferentes entre sí para que os conflitos e as disensións sexan constantes e iso aporte "vida" ao programa. Pero os nenos e nenas han de saber que esa vida non é real, senón que pertence a unha situación creada para e pola televisión e que hai que miralo como tal.

Este tipo de emisión ou "realitys" naceu a principios dos anos 70 nas televisións norteamericanas co obxectivo de pór en valor aqueles aspectos sociais máis anodinos ou carentes de trascendecia deixando aqueles máis relevantes para outro tipo de programas. Vieiros da Escola incorpora tamén e como ven sendo habitual un apartado no que os e as cativas poden afondar máis naquelas producións que superan os estándares que vimos de relatar como son The swan ou The Bachelor, entre outros.


0/5 (0 votos)