Ningunha das dúas empresas o confirmou, pero os ruxerruxes sobre unha posíbel fusión de Unión Fenosa con Iberdrola multiplicáronse na noite pasada ao coñecerse que a construtora ACS, accionista de referencia de Fenosa cunha participación do 35 por cento, viña de ordenar a compra do 10 por cento da eléctrica vasca. Esta hipotética manobra para converter o resultado da fusión na primeira eléctrica do Estado púidose ver precipitada polos movementos en torno a Endesa realizados nos últimos días pola construtora Acciona e a resposta de E.ON. A alemana tamén anunciaba a última hora do martes que que aumentará a contraprestación a 35 euros por acción -Acciona comprounas a 32-, e facía con novos azos sabendo que conta co respaldo da Comisión Europea, que vén de declarar ilegais as condicións que puxera a Comisión española de enerxía á empresa alemana para efectuar a OPA sobre a catalana.