Compostela solta a traca final da súa programación cultural para o mes de agosto con tres festivais nas rúas: Feitoamán e D'Gorra, aos que se une o sábado o Festival Electro Sonx na praza da Música (ao carón do Auditorio de Galicia). Pero non por ser a capital galega concentra o lecer desta fin de semana, o movemento é moito e dase en territorios moi diversos: festivais na Coruña, os Caneiros en Betanzos, festas gastronómicas en Negreira e en Cee, Festival Irmandiño en Moeche, Festivrán Eumés, as festas da Peregrina en Pontevedra, Gala Rock, Arrincadeira '06, teatro no Liceo noiés, XIX Mostra do Teatro en Cee... e moito máis.
Velaquí vai o calendario para a fin de semana na que Nunca Máis volve as rúas (o domingo 20, ás 12:00 horas na Alameda de Compostela), desta vez, na defensa dos montes galegos logo da vaga incendiaria que asolou o país durante as primeiras semanas do mes de agosto.
Venres, 18 de agosto
En Ares: IV Festival Montefaro con The Sweat e festa funk con WC García e Kid Chocolat. Dende as 22:00 horas.
En Baiona: María do Ceo ofrece un concerto na praza do Concello ás 22:30 horas.
En Betanzos: Celébrase a primeira xornada de baixada dos Caneiros.
En Cambre: Churrascada pop a partir das 18:00 horas e logo a música das orquestras Sintonía e Xente Nova.
Na Coruña: Ás 20:00 celébrase o XXII Encontro de Habaneiras no parque de Santa Margarida; o XX Festival Internacional de Folc no parque de San Diego e o Ciclo Itinerante Rúa Marineda na praza La Galera e nos Xardíns de Méndez Núñez. E ás 22:30 hai verbena no Castrillón coa orquestra Panamá.
En Compostela: O festival D'Gorra leva á praza da Quintana os malabarismos e as acrobacias de Aquí e aló tamén, de Circo Menjunje, ás 17:30, para repetiren ás 20:00 horas no Toural. Ás 18:00 é a quenda para A pachorra de Assircópatas no Toural e media hora despois os malabares de Kote en Praterías. Ás 19:30 chega Ian con Superscape á Quintana, onde María Meijide ocupa o Espazo plástico (novidade na edición deste ano do festival). En dous pases, as 19:00 e ás 20:00 a carpa da Alameda acolle o espectáculo O retrete de Dorian Gray e ás 20:30, Shampoo toman Praterías.
No Feitoamán actúan Leo Giannetto's Jazz Project, na praza de Feixoo, e Fredy Fevereiro en San Martiño Pinario, os dous ás 22:30 horas.
E ás 20:00 horas, na igrexa da Universidade, un novo concerto do ciclo Música en Compostela, desta volta os protagonistas son o órgano e o violín nun concerto de Linton Powell.
En Culleredo: Verbena amenizada por Olympus dende ás 23:00 horas.
En Marín: Festa do tango, ás 22:30 horas, no parque Eguren.
En Melide: As orquestras Philadelphia e Jerusalén amenizan a verbena dende as 23:00 horas.
En Monforte de Lemos: Ás 22:30, concerto de João Afonso e Compañía dentro do Ciclo As Nosas Músicas.
En Ordes: Pechando as festas chega o Festival Ordes Rock, con Los Ilegales, Zënzar e The Gin Tonics.
En Pedrafita do Cebreiro: Actúa a gaiteira Susana Seivane, ás 22:00, na praza do Mercado.
En Pontedeume: Ás 20:00 comeza o Festivrán Eumés, con Faltriqueira, Iriadora e Dios Ke Te Crew.
En Pontevedra: Ás 19:00 ten lugar a Batalla das Flores dentro das celebracións da Peregrina; ás 21:00 horas unha festa infantil leva os Lunnis ata a Ferrería e dende as 22:00 a verbena apodérase de Montero Ríos coa orquestra Quinta Avenida.
En Ribeira: Muchachito Bombo Infierno achégase ata o Malecón para ofrecer un concerto ás 23:00 horas.
En Santa Comba: Chega a Xabaxira 2006, con 15 artistas e máis de 100 temas para despedir agosto.
En Vilagarcía de Arousa: Rosana tenta encher o recinto feiral de Fexdega a partir das 23:00.
En Viveiro: actúan Lisard's Friends, Los Ciruelas e The Lonely Hearts Band, na praza Maior.
Sábado 19 de agosto
En Cee: A praza 8 de marzo celebra a Festa do Berberecho.
En Compostela: Continúa D'Gorra coas Assircópatas na Quintana ás 17:30, Shampoo no Toural ás 18:00, Circo Menjunje ás 18:30 en Praterías, Pampanadas.A.Full na Quintana ás 19:30, Kuboam Bulante estará no Toural ás 20:00 e Ian escenificará o seu Superscape ás 20:30 en Praterías. Na Alameda seguen os pases de O retrete de Dorian Gray e María Meijide amosa a súa arte pictórica na Quintana.
A partir das 21:30 horas a praza da Música (ao carón do Auditorio de Galicia) acolle o festival Electro Sonx, con DJ Maral Samassi, Wagon Cookin, Alcohol Jazz, DJ Telephunken, DJ Grobas, DJ Darkrow e o Colectivo Oruga.
En Moeche: Festival Irmandiño co vixésimo sétimo asalto ao castelo a partir das 23:00; pero antes, ás 22:00 a festa pona a música de Os Pirilampos, Adival e Os Sete Raposos Mortos.
En Muros: na praia do Castelo vívese a IV Gala Rock con Razzia, Trapos Sucios, Forraje e Sarabanda.
En Negreira: IV Festa das Asociacións, no refuxio de pescadores de Covas. Con baile, música, xogos populares e, a partir das 22:00 horas, Noite folc con Ruote, Xochimilca e Os Cempés.
En Noia: Festival Arrincadeira '06, Festival Musical Pola Liberdade dos Pobos, coas actuacións de Verbatin, Strabismo, O Son do Galpom e Zënzar.
En Soutelo de Montes: XXVII Festa do Gaiteiro de Soutelo, para a que se conta coa presenza de máis de 800 músicos. Coa celebración do VI Concurso de Bandas de Gaitas e o VIII Concurso de Solistas ademais da entrega das Medallas Gaiteiro de Soutelo.
Domingo 20 de agosto
En Boqueixón: No campo da feira de Lestedo, celébrase a Noite Folc, dende as 22:30 horas, con Ruote e A Requinta de Xián.
En Cee: Comeza a XIX Mostra do Teatro coas actuacións de PistaCatro (De 0 a 99) ás 12:30; e a partir das 21:00, Santi Prego (Romance de cego), Os 7 Magníficos Máis 1 (A cadeira voadora) e Sarabela Teatro (O heroe).
En Compostela: Malabaranda actúa ás 17:30 horas na Quintana, dentro do festival D'Gorra; Shampoo fano ás 18:30 en Praterías; a danza de Pisando Ovos chega ás 19:30 á Quintana, onde María Meijide ocupa o Espazo Plástico, e ás 20:30 en Praterías hai un novo Cabaré PistaCatro. O retrete de Dorian Gray segue na Alameda.
O Show de Tom é o protagonista absoluto da noite Feitoamán na praza de Feixoo.
En Noia: O Liceo abre a tempada de teatro con Non hai ladrón que por ben non veña, ás 21:00 horas.
En Rois: Exactamente, na parroquia de Urdilde, a banda e a orquestra Costa Oeste póñenlle son ás festas do Santísimo Sacramento.