Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BALANZO DA VAGA DE INCENDIOS

A Xunta confirma que arderon 77 mil hectáreas

Entre o 4 e o 15 de agosto queimáronse nos montes galegos un total de 77 mil hectáreas. Por provincias, a máis afectada polo lume foi Pontevedra, onde arderon 38 mil ha, seguida da Coruña, con 28 mil hectáreas queimadas, Ourense, 8.500 ha, e Lugo, onde o lume arrasou unha superficie de 2.000 hectáreas. Os incendios que maior superficie forestal levaron, prenderon nos concellos de Cerdedo, Muxía, Avión, Mazaricos, Vilaboa, A Gudiña, A Laracha, Arbo, Meis, Camariñas, Porto do Son e Oia. Cada un destes grandes incendios iniciouse nunha media de cinco focos diferentes. Desde a consellaría de Medio Rural, advirten que son cifras provisionais, e os técnicos da administración avisan que existe unha marxe de erro de +/- 5%, á espera de que finalicen os traballos de medición.

- 18:13 16/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)