Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRONTE Á VAGA DE INCENDIOS

A importancia da "resposta solidaria"

Vixilancia e loxística son as tarefas fundamentais acometidas polos voluntarios en defensa do monte galego, coordinados a través do 900 400 800. Acondicionar as dependencias onde descansa o persoal contra incendios, preparar xantares, guiar aos equipos de fóra de Galiza e transportar material son as principais tarefas realizadas.

- 08:40 13/08/2006
Tags:

"Este dispositivo está a ter unha grande acollida, tanto por parte dos voluntarios que participan, que se senten útiles e orgullosos da súa colaboración, como por parte das persoas que reciben a axuda, co que se fai máis levadeira a loita contra os lumes", explican desde a dirección xeral de Xuventude e Solidariedade da vicepresidencia da Xunta.

Doutra banda, destacan tamén que medra progresivamente o número de comunidades de montes veciñais que solicitan a colaboración dos voluntarios para desenvolver diversas tarefas, e que en diversos montes "os voluntarios traballan man a man cos veciños do lugar, organizando quendas de vixilancia".


0/5 (0 votos)