Unhas 2.000 persoas se concentraron na Zona Vella de Compostela en protesta contra a vaga de incendios destes días. A convocatoria, que se fixera a través de móbil e da rede, daba como lugar a praza de Cervantes, pero o número de persoas obrigou a que marchasen pola cidade histórica e que se concentrasen primeiro na praza da Quintana e logo na praza Roxa.
Na manifestación había cidadáns independentes, pero tamén grupos vencellados ao anarquismo, ao independentismo e ao nacionalismo. Os berros máis importantes foron dirixidos contra o Partido Popular, ao que responsabilizaban da política forestal dos últimos anos, e mais contra as empresas construtoras. Tamén houbo críticas ao bipartito, procedentes dos grupos vinculados á CNT e ao independentismo.
Entre os participantes o cineasta Antón Reixa, o escritor Manuel Rivas, as políticas nacionalistas Tareixa Novo e Encarna Otero, os sindicalistas Ramiro Oubiña (CIG) e Lidia Senra (SLG)...