Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente, coincide co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e pide "serenidade" ante a vaga de lumes que afecta a Galiza. Narbona, que destacou a situación de "excepcionalidade" dos incendios por rexistrarse preo dos núcleos de poboación, anunciou que medios aéreos de Francia e Italia participan desde este mércores nas tarefas de extinción. Ao mesmo tempo, diferentes sindicatos de persoal do servizo de defensa contra lumes pídéronlle á ministra que rectifique ou aclare as súas declaracións do martes nas que sinalaba como posíbeis autores de algúns dos lumes a "despechados" que non foron contratados nos reténs desta campaña.