Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CREE QUE XA CHEGARÁ O MOMENTO DE ENTRAR EN LOITAS POLÍTICAS

Feijoo anuncia a creación de gabinetes de crise nos concellos do PP

O presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, vén de anunciar a súa intención de crear gabinetes de crise non concellos gobernados polo seu partido. Os gabinetes estarán encabezados polo alcalde, un concelleiro delegado e os respectivos xefes de Policía Local e Protección Civil. Segundo Feijoo, a súa misión será a de "tentar coordinar as axudas, os medios e que os veciños sexan solidarios entre as parroquias".

- 18:57 09/08/2006
Tags:

A decisión de formar estes órganos foi tomada nunha asemblea celebrada na sede provincial do PP de Pontevedra que estivo dirixida por Mariano Rajoy, Feijoo, Rafael Louzán e a responsábel local do partido, Teresa Pedrosa.

Núñez Feijoo aproveitou a presentación dos gabinetes para expresar a súa "lealdade institucional e colaboración total" á Xunta e ao goberno central e asegurou que "non é o momento de confrontar, se non de colaborar". O presidente do PP galego cre que sería "absurdo" entrar en "loitas políticas" nestes intres. "Xa chegará o momento", asegurou.


Ligazóns

0/5 (0 votos)