Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARIDE DESCARTA SUPRIMIR MÁIS PAGOS

Política Territorial recoñece a necesidade de reducir a peaxe da autovía Santiago-Ourense

A posibilidade de que os usuarios da vía se beneficien dunha redución de taxas ao tempo que aumenta o volume de circulación por esta estrada de xeito que nin sequera diminuirían os beneficios totais é conclusión dos estudos que manexa a consellaría de Política Territorial sobre a autovía Santiago-Ourense, que de momento para por terras do Deza. Así o recoñeceu este domingo nos micrófonos da Radio Galega María Xosé Caride, conselleira de Política Territorial, indicando que a Xunta iniciou contactos coa empresa que goza da concesión da vía para actuar nese sentido. Doutra banda, Caride descartou supresións da peaxe na autoestrada entre a Coruña a Carballo, indicando que o corredor da Costa da Morte en construcción sería unha alternativa.

- 07:00 03/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)