Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUEMENTO DE INCENDIOS NO PLANETA

O lume visto desde o satélite

Máis de 50 millóns de hectáreas arden cada ano en todo o mundo e en Galiza a chegada do verán acostuma a poñer no primeiro plano das preocupación o elevado número de incendios nos nosos bosques. Desde a Axencia Espacial Europea fornecen agora un servizo de seguemento vía satélite dos lumes.

- 11:49 26/05/2006
Tags:

"Este atlas é unha excelente fonte que ofrece unha visión até o de agora imposíbel e que lle permitirá a ecoloxistas e investigadores propoñer novas preguntas sobre o impacto do lume nos ecosistemas naturais", explica o biólogo Matt Fitzpatrick.

Os incendios inflúen significativamente na contaminación atmosférica e contribúen ao efecto invernadoiro e os científicos teñen subliñado a importancia de atender a esta situación. Os promotores deste servizo destacan por exemplo os lumes producidos en Borneo durante o ano 1998, condicionado polos efectos do fenómeno coñecido como El Niño, provocaron unha emisión contaminante á atmósfera equivalente á de Europa ao longo de todo ese ano.

Reparando no mapa de lumes galego e portugués, en Chuza! chaman a atención sobre o alto número de focos de incendio que aparecen xa nesta altura do ano.

  • Anteriores: O plan contra o lume identifica 256 parroquias con risco elevado de incendio
  • Poucos recursos humanos e técnicos para investigar os lumes e escasa colaboración cidadá


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: