Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CANLE ABERTA PARA AS IDEAS

Altermundo propón informar en galego contra a "depredación neoliberal"

Reflexión "desde abaixo á esquerda". Así presenta Altermundo o seu proxecto de reivindicación de xustiza para os pobos, desenvolvemento sustentábel e democracia participativa que abre á cidadanía. A posibilidade de traducir documentos, achegar ideas e reunir información son aquelas coas que os usuarios poderán colaborar coa iniciativa proposta por este novo espazo na rede orientado á comunidade lusófona e contra da "depredación neoliberal" que "afoga millóns de persoas en todo o mundo".

- 18:07 22/05/2006
Tags:

Os membros da revista electrónica Altermundo pretenden impulsar unha canle de comunicación na rede coa que denunciar as "esgotadas vías políticas que esnaquizan a humanidade". Para iso, dan a coñecer o seu traballo pola igualdade de dereitos entre os pobos. O xeito de participar é diverso, podendo, primeiro de todo, facer saber que a realidade é outra e que é posíbel outra realidade. Neste sentido, os interesados en colaborar poderan envíar ligazóns de interese ou eventos e convocatorias que se vaian producir, así como todas aquelas reflexións e comentarios referidos ao altermundo.

Ademais, unha das principais funcións desta web é o feito de denunciar as situacións que viven millóns de persoas, abrindo listas para a suxestión de ideas para evitar que a información se transimita en canles pechadas e unidireccionais. Altermundo.org está creado cun programa de código aberto e optimizado para os navegadores Open source como Firefox, entre outros. Nesta liña, na da apertura, propóñense as demais iniciativas do portal. Os creadores reivindican o galego como lingua para se comunicaren, mais non pechan a porta a calquera outro idioma e anuncian tamén o traballo para que os seus contidos poidan ser tamén redactados para a comunidade euscaldúa.


0/5 (0 votos)