A Plataforma Cidadá Salvemos Monteferro entregará este sábado máis de 9.000 sinaturas no concello de Nigrán en defensa deste espazo natural. A plataforma, que no último mes organizou conferencias e concertos en contra da realización do proxecto vial arredor deste monte, adxuntará ademais un Proxecto Alternativo para o aproveitamento sostíbel de Monteferro. O mesmo sábado, o grupo ecoloxista Verdegaia organiza unha marcha ciclista que partirá desde a Praza da Independencia de Vigo cara á Praza do Concello de Nigrán coa fin de asistir á entrega das sinaturas. Máis información sobre a xornada na web da plataforma.