Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FEIRA DA BANDA DESEÑADA, DO 8 AO 11 DE XUÑO

David Rubín e o fanzine Barsowia nominados aos Premios do Saló do Cómic de Barcelona

A banda deseñada galega mantén a súa presenza nos Premios do Saló do Cómic Internacional de Barcelona. Desta vez son David Rubín e máis o fanzine "Barsowia" os nominados que poden seguir a estela deixada o ano pasado por Miguelanxo Prado e o fanzine BD Banda, quenes tamén presentarán as súas respectivas exposicións nesta edición da feira.

- 10:42 03/05/2006
Tags:

David Rubín (Ourense 1977) opta ao premio ao Autor Revelación do 2005. Este debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións para continuar no campo dos debuxos animados, agora traballando para a produtora coruñesa Dygra. Ten feito curtametraxes e cortinillas de animación, pero é máis coñecido como autor de Banda Deseñada, xa que é un dos máis prolíficos de Galiza. Rubín conta con series propias nas principais revistas galegas: "BD Banda" e "Barsowia", ademais é o autor de "Os Kinkilláns", unha das series máis populares da segunda etapa de "Golfiño". Nos últimos anos participou en publicacións como "Tos", "Huevo" ou "El fanzine enfermo". Foi un dos autores que máis contribuiu á última época da revista "Dos veces breve". O seu primeiro álbum monográfico "El circo del desaliento", editado por Astiberri no 2005, gañou o o I concurso Castelao ese mesmo ano.

"Barsowia", nominada na categoría de Mellor Fanzine, é a primeira revista do colectivo Polaqia. Ten publicado cómics de dúas ducias de autores, a maioría galegos: Manel Cráneo, Diego Blanco, David Rubín, Brais Rodríguez, Hugo Covelo, Roque Romero e Kike Benlloch, quen ademais dirixe o proxecto. O fanzine conta tamén con importantes colaboracións: o madrileño Ken Niimura, os portugueses Paulo Monteiro e Susa Monteiro, os franceses Louis Bertrand Devaud e Adrien Bouss, e o norteamericano Michael Bonfiglio.

A presenza galega na feria completarase coas exposicións de Miguelanxo Prado e o fanzine BD Banda (premiados o ano pasado), e co lanzamento de "Dámsmitt" de Kike Benlloch e Manel Cráneo e un número especial de "BD Banda" en castelán.

24è Saló del Còmic de Barcelona
Do 8 ao 11 de xuño de 2006
Fira de Barcelona, Palau 2 –Montjuïc | Barcelona


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: