Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PESCANOVA CADE VEZ MÁIS LONXE DESTE ESPAZO PROTEXIDO

A Xunta procura unha alternativa para a piscifactoría de Touriñán

A semana pasada anunciouse o compromiso da Dirección Xeral de Recursos Mariños de rexeitar a instalación da piscifactoría que Pescanova ten proxectado instalar no cabo Touriñán, dentro do Lugar de Importancia Comunitaria pertencente á Rede Natura 2000. Á espera dunha confirmación oficial por parte da Dirección Xeral, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, da por boas estas as informacións aparecidas nos últimos días. A asociación lembra tamén a necesidade de revisar os procesos de asignación dos proxectos encadrados no Plan Sectorial de Parques de tecnoloxía alimentaria a prol da participación neles do sector productivo tradicional.

- 09:11 02/05/2006
Tags:

A Asociación agarda con impaciencia a confirmación oficial desta paralización lembrando a fraxilidade destes espazos protexidos do litoral. Segundo Adega, "non hai razón para que o interese dun suculento negocio privado poda prevalecer sobre o interese ambiental e social deste ou de calquer outro espazo protexido". Os ecoloxistas cren que hai razóns de abondo para o rexeitamento deste proxecto: razóns ambientais, o tratarse dun lugar de importancia comunitaria con hábitats priporitarios e dun espazo de interés paisaxístico; razóns de legalidade, considerando que só pode autorizarse unha instalación en base a razóns de primeira orde relacionadas co medio ambiente ou coa seguridade e/ou saúde pública, e razóns de xustiza social, rexeitando a especulación deste tipo de espacios protexidos. A asociación aproveita a ocasión para reclamar a paralización da piscifactoría proxectada sobre o lugar de interese comunitario de As Catedrais na mariña de Lugo, xa que o proxecto de Álvarez-Cascos atópase na mesma situación que o do cabo Touriñán. Denúnciase ademais o levantamento da paralización cautelar do proxecto a través dun informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza realizado "á medida".

Ao mesmo tempo, Adega lembra que, dentro do Plan Sectorial de parques de tecnoloxía alimentaria se inclúen outros once proxectos que afectan a zonas protexidas do litoral que "hai que paralizar". A asociación ecoloxista quere facer constar que o proceso de asignación de proxectos debe ser revisado e aberto á participación aos verdadeiros protagonistas do sector produtivo tradicional, facendo referencia ás confrarías de pescadores.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: