O xornal ourensán La Región, que dende hai pouco tempo puxo en liña a súa versión dixital, e mais o diario económico español Cinco Días veñen de incorporarse á lista de publicacións dixitais no servizo de tradución de xornais en castelán que ofrece Vieiros co tradutor automático Traduza-G, creado pola empresa Dimensiona. Nas vindeiras semanas novas publicacións iranse incorporando a este servizo, que segue a ser un éxito entre os nosos lectores, cunha media de máis de seis mil visitas diarias a estes xornais que por fin se poden ler na nosa lingua.