Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA DO CONSELLO DE XUVENTUDE E O MINISTERIO DE VIVENDA

Dos creadores de "Referéndum plus"... "Keli Finder"

En análise sociolóxica urxente, desde o Consello da Xuventude estatal cavilaran en tempos de euroreferendo que se cadra o abstencionismo electoral entre a xuventude tiña algunha explicación a medio camiño entre o défice de márketing e a escolla da bebida incorrecta. Desta volta, e en colaboración co ministerio de Vivenda cavilan que, se cadra, os mozos con problemas para atopar casa non corricaron as rúas coas zocas axeitadas... Na nova web Keli Finder prometen reunir toda a información sobre axudas para o acceso a vivenda promovidas polas diferentes administracións. Respecto a isto, a agrupación xuvenil Galiza Nova emitiu un comunicado no que asegura que tanto o Consello da Mocidade como o Ministerio de Vivenda "tómannos o pelo", pois "o contido humorístico de regalar zapatillas é dubidoso, pero é que ademáis as competencias sobre vivenda están transferidas ás Comunidades Autónomas, de xeito que as axudas ao alugueiro, ou a construcción de vivendas de protección dependen da Xunta de Galiza e non do Ministerio".
Anteriores:

- 19:18 01/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)