Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUTOR DA MÚSICA DE 'UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO'

150 anos do nacemento do mestre Chané

O 16 de decembro de 1856 nacía en Santiago de Compostela o músico e compositor Xosé Castro González Chané, un dos máis destacados músicos galegos, con Xoán Montes e Pascual Veiga. Sucedeu a este último á fronte da coral polifónica "El Eco" da Coruña, o máis importante orfeón galego de todos os tempos, mais logo tivo que emigrar a Cuba, onde dirixiu o orfeón "Ecos de Galicia". Alí fíxose moi amigo de intelectuais galegos como Cabanillas, Lugrís Freire ou Antón Vilar Ponte, pero sobre todo de Curros Enríquez. Non en balde Chané foi quen lle puxo música a poemas agora dificilmente separabeis da súa melodía, como Unha noite na eira do trigo, Un adeus a Mariquiña ou Os teus ollos, ademais dun extenso repertorio interpretando ao longo da nosa historia recente por centos de corais de todo o país. Castro Chané morreu na Habana o 27 de xaneiro de 1917. Poden coñecer máis sobra a súa figura na Enciclopedia da emigración elaborada pola CIG.

- 17:35 16/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)