Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁS PORTAS DA ENTRADA EN VIGOR DA LEI

"Fumadores" e "non fumadores" organízanse na rede

Desde este mércores está xa prohibido o "patrocinio dos produtos do tabaco así coma toda clase de publicidade e promoción en calquera medio ou soporte". E lembrámoslles que desde o próximo 1 de xaneiro estará en vigor o resto da lei antitabaco que prohibe fumar en centros de traballo e convirte tamén en "espazos libres de fume" os bares e restaurantes de máis de 100 m2, deixándolle escoller ao resto. Na rede funciona o sitio Non Fumadores, con tradución galega incluída, onde poden atopar completa información ao respecto. Entre os obxetivos do colectivo están acadar seguros médicos máis baratos para os que non fumen ou aumentar as taxas ao tabaco do que tamén piden que se elimine do cálculo do IPC. No outro extremo están os chamados Fumadores pola Tolerancia cun decálogo onde din que "o tabaco é símbolo de amizade" ou que "fumar axuda a pensar"...

- 10:11 28/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)