Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA WEB OFICIAL DO GOBERNO GALEGO

A Xunta renova virtualmente a súa imaxe

A Xunta xa ten, por fin, nova web. O novo deseño, que fai esquecer rapidamente o anterior, pretende "achegar a cidadáns, institucións, empresas e colectivos a todos os servicios que o Goberno ofrece na rede, cunha organización dos contidos máis sinxela e intuitiva, que axilizará as procuras de información e as xestións que se realicen a través da web". Segundo a Xunta, a web é coidadosa cos criterios de accesibilidade e ofrece a posibilidade de atopar información institucional, ligazóns a outras páxinas que poden resultar de interese para o usuario, servizos directos, novas relacionadas coa actividade da Xunta e datos xerais sobre Galiza. Amais, no apartado de servizos directos a nova web conserva a posibilidade de que os cidadáns poidan realizar varios trámites administrativos a través da rede.

- 09:56 12/12/2005
Tags:


0/5 (0 votos)